A Nosa Carta

 

Elaboracións tradicionais, con esmeradas presentacións, visten de gala as nosas receitas preparadas ao momento. Receitas tradicionais, onde o produto luce sen tapuzos nunha preparación completamente artesanal.

O noso equipo selecciona cada día segundo o produto recibido cales son as receitas que permitirán enxalzar máis o seu sabor. Así cada peixe ten máis de cinco maneiras diferentes de ser levado á mesa, desde a tradicional receita á galega, pasando por pilpil, brasa, forno, prancha ou estufados.

Os entrantes recuperan moitas das clásicas receitas da cociña francesa adaptada aos pazos e casas fortes galegas e escritas maxistralmente por Picadillo.

Escabeches, timbais e ensaladas son a combinación das nosas mellores conservas e de unha excelente horta.

Un eficiente control dos tempos pon en mesa os mariscos no seu punto exacto de degustación e as nosas excelentes carnes son tratadas con mimo e cariño nos nosos fogóns para levar inalterada á mesa toda a súa condición.

Sen esquecer as sobremesas, tradicionais, sinxelas e variadas, óptimas para poñer un broche doce a tan excelente menú.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies